AVISO FITOSANITARIO 24/06/2021

 Novo aviso fitosanitario publicado. Completo no seguinte enlace:


http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2021.html


RECOMENDACIÓNS:
Maceiras de sidra e mesa
Nas estacións de monitoreo de Guntín e Chantada, en función das temperaturas dos próximos días, teremos que dar un tratamento insecticida (ovicida-larvicida), nas datas aproximadas que se indican en vermello na táboa de condicións (27-28/06/2021).
Así mesmo, na comarca das Mariñas Coruñesas, calculamos que teremos que dar o tratamento insecticida (ovicida-larvicida) nos días 24-25 de xuño.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL


Agricultura Ecolóxica
Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Produción Integrada
Larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.


OBSERVACIÓNS
Estamos asistindo, ata o día de hoxe, a unha escasez de capturas en toda Galicia, agás nas estacións de monitoreo da Mariña Luguesa e Ortegal.
Estase a ver un adianto xeralizado no voo deste lepidóptero nos últimos anos. Estamos tendo capturas a fináis do mes de abril na maioría das zonas de Galicia.
Importante, atender á primeira xeneración deste insecto, por ser a máis perigosa das dúas que ten. Debemos de empregar contra ella produtos de carácter ovicida ou ovicida-larvicida.
A confusión sexual está a dar bo resultado, como método preventivo.
O nacemento das primeiras larvas comunicarase mediante o correspondente aviso fitosanitario.

Outras observacións:
As chuvias das últimas semanas, unidas ás temperaturas suaves, fixeron que as árbores non entraran en parada vexetativa, producindo gromos novos onde se empeza a apreciar un aumento da incidencia do pulgón verde (Aphis pomi).
Na primeira semana de xullo informaremos sobre os tratamentos insecticida a aplicar para este pulgón, así como o funxicida que irá unido a este.


GALERÍA DE IMAXES