INFORME FITOSANITARIO 29/07/2021

Novo informe fitosanitario publicado.

Podedes acceder ao informe completo a través do seguinte enlace:

http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2021.html


INFORME FITOSANITARIO 29/07/2021 

Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)


RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  nas zonas das Mariñas Coruñesas, Barbanza, Bergantiños e Sarria, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida ovo-larvicida para esta praga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Non obstante, debemos recordar que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos da esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

Este tratamento tamén terá eficacia contra a larva da Broca, sobre todo nas comarcas de Sarria e Guntín (Lugo) e Ortegal (A Coruña).

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase:

Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

Alternar substancias con diferente modo de acción.

Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.

Respectar com rigor os prazos de seguridade.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS D AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica

Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Produción Integrada

Ovo-larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.

RECOLECCIÓN: 

Estanse a recoller as variedades de mesa Ambassy e Lafayette.

Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:

Natureza química
    - contido en almidón (método I/IK)
    - azúcares solubles (º Brix)
Natureza física
    - Cor
    - Firmeza (penetrómetro)

OUTRAS PRAGAS

Mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

As trampas de captura foron colocadas o día 25 de xuño en catro comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur, e consisten nunha banda pegañenta xunto cun difusor de feromonas atraintes.

Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual.

Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz.

O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

É orixinaria de EEUU e México. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980.

No ano 2020, confírmase a súa presencia en Galicia, segundo o informe emitido polo LAFIGA, tra-las analíticas realizadas no mes de xullo.

Desde a semana pasada, están a capturarse moscas da nogueira nas trampas de Bergondo, Carral e Sada (A Coruña), así como en Guntín (Lugo).

Detectamos un aumento significativo de capturas en trampas con cebo alimenticio fronte ás trampas sin cebo.

Trataremos de seguir a evolución das súas capturas, así como os seus métodos de loita ata o final do seu ciclo.

Os tratamentos contra esta praga pódense facer de dúas meneiras:

TIPO CEBO: Un insecticida xunto con proteína hidrolizada para atraer aos adultos. Debe facerse ao inicio do voo e manterse ate a recolección.

TRATAMENTOS XENERALIZADOS A TODA A ÁRBORE: En función da evolución do voo, aplicando un insecticida ovo-larvicida.

Recomendamos traballar a terra baixo a copa das nogueiras para eliminar as formas invernantes (pupas) de esta mosca.

GALERÍA DE IMAXES

Adulto de Broca (Z. pyrina)


Larva de Broca (Z. pyrina)


INFORME FITOSANITARIO 12/07/2021

Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural.

Informe completo disponible no seguinte enlace: http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2021.html

 RECOMENDACIÓNS:

 Maceiras de sidra e mesa

 As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta, xunto com brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida preventivo de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido a un insecticida.

 O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  nas zonas das Mariñas Coruñesas, Ortegal e Mariñas Luguesas e Chantada, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida ovo-larvicida para esta praga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

 Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Este tratamento tamén terá eficacia contra o pulgón verde (Aphis pomi).

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto. Podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa). 

Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

 Agricultura Ecolóxica

Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.
Funxicida de contacto: Polisulfuro de calcio.

Produción Integrada
Ovo-larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.
Funxicida de contacto: Captan.

OUTRAS PRAGAS

Mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

As trampas de captura foron colocadas o día 25 de xuño en catro comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur, e consisten nunha banda pegañenta xunto cun difusor de feromonas atraintes.

Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual.

Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz.

O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

É orixinaria de EEUU e México. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980.

O ano 2020, confírmase a súa presencia en Galicia, segundo o informe emitido polo LAFIGA, tra-las analíticas realizadas no mes de xullo.

A día de hoxe, non se ten capturado ningún exemplar desta mosca da nogueira.

Trataremos de seguir a evolución das súas capturas, así como os seus métodos de loita ata o final do seu ciclo.

GALERÍA DE IMAXES

Trampa cromática con cebo alimenticio

Adulto de Rhagoletis completa


AVISO FITOSANITARIO 24/06/2021

 Novo aviso fitosanitario publicado. Completo no seguinte enlace:


http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2021.html


RECOMENDACIÓNS:
Maceiras de sidra e mesa
Nas estacións de monitoreo de Guntín e Chantada, en función das temperaturas dos próximos días, teremos que dar un tratamento insecticida (ovicida-larvicida), nas datas aproximadas que se indican en vermello na táboa de condicións (27-28/06/2021).
Así mesmo, na comarca das Mariñas Coruñesas, calculamos que teremos que dar o tratamento insecticida (ovicida-larvicida) nos días 24-25 de xuño.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL


Agricultura Ecolóxica
Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Produción Integrada
Larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.


OBSERVACIÓNS
Estamos asistindo, ata o día de hoxe, a unha escasez de capturas en toda Galicia, agás nas estacións de monitoreo da Mariña Luguesa e Ortegal.
Estase a ver un adianto xeralizado no voo deste lepidóptero nos últimos anos. Estamos tendo capturas a fináis do mes de abril na maioría das zonas de Galicia.
Importante, atender á primeira xeneración deste insecto, por ser a máis perigosa das dúas que ten. Debemos de empregar contra ella produtos de carácter ovicida ou ovicida-larvicida.
A confusión sexual está a dar bo resultado, como método preventivo.
O nacemento das primeiras larvas comunicarase mediante o correspondente aviso fitosanitario.

Outras observacións:
As chuvias das últimas semanas, unidas ás temperaturas suaves, fixeron que as árbores non entraran en parada vexetativa, producindo gromos novos onde se empeza a apreciar un aumento da incidencia do pulgón verde (Aphis pomi).
Na primeira semana de xullo informaremos sobre os tratamentos insecticida a aplicar para este pulgón, así como o funxicida que irá unido a este.


GALERÍA DE IMAXES



AVISO FITOSANITARIO – 14 06 2021

 AVISO FITOSANITARIO – 14 06 2021

Datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

MACEIRA

INCIDENCIAS FITOPATOLÓXICAS MÁIS DESTACADAS:

PRAGAS:

Verme da mazá (Cydia pomonella)

Este lepidóptero ataca fundamentalmente aos froitos da maceira, pereira e marmeleiro. Ocasionalmente pode atacar tamén os froitos da nogueira, castiñeiro, albaricoqueiro e ameixeira.

A utilización de atraintes sexuais para o seguimento do voo de adultos, a aplicación do concepto de “umbral de tolerancia”, e a confusión sexual, consigue manter a praga a niveis de danos económicamente aceptables, alterando mínimamente o equilibrio ecolóxico.

SINTOMATOLOXÍA

Maniféstase sobre os froitos. A larva entra neles e inicia a súa alimentación, expulsando os excrementos ao exterior e formando o característico serrín roxizo.

Xeralmente completa o seu ciclo larvario nun so froito, ainda que na primeira xeneración pode afectar a máis de un polo pequeno tamaño dos mesmos.

Os froitos atacados polas larvas xeralmente caen ao chan e os que permanecen na árbore non son válidos para a comercialización.

BIOLOXÍA

Pasa o inverno en forma de larva desenrolada (L5), nas fendas da árbore e tamén no chan, dentro dun casulo brancuzco. Nese refuxio hibernante permanece en diapausia ate finais do inverno.

A primeiros de abril comenza a súa crisalidación que dura un mes, segundo as condicións climáticas. A evolución dos machos comenza antes que as femias, ainda que finalmente se equilibra a proporción. A vida media das femias é de 10 a 20 días e a dos machos de 8 a 15 días.

O voo da bolboreta é crepuscular. As condicións de acoplamento danse ao atardecer con temperaturas superiores a 15 ºC e humidade relativa >60%.

O desenrolo embrionario completo, en condicións normais, dura entre 8 e 12 días, necesitando 48 horas para atopar o froito. Prefire entrar no froito pola zona de contacto entre dous deles, ou pola zona calicina. Permanece 30 días alimentándose na zona carpelar das tenras sementes. Pasado ese mes, sae para buscar un lugar axeitado onde crisalidar.

Os umbrais nas capturas en trampas sexuais de monitoreo son, na primeira xeneración, de 2-3 capturas x trampa/semana.

Superados os umbrais establecidos, débese actuar axeitadamente contra a primeira xeneración, o que disminuirá notablemente a segunda.

Este insecto, ten soamente dous estados do seu ciclo de desenrolo onde pode ser vulnerable á acción dos tratamentos químicos: En fase de ovo e de verme recén nacido (antres de entrar no froito).

SITUACIÓN ACTUAL EN GALICIA

Cydia pomonella é un lepidóptero cuxo verme fai galerías no interior do froito de maceiras e pereiras. Tamén ataca ás nogueiras, marmeleiros e albaricoqueiros.

Os adultos desta praga, que pasaron o inverno en estado de larva nas fendas do tronco ou das polas, están comenzando a voar.

Lembrar que para que se produzca o primeiro voo anual dos primeiros adultos debemos acadar 400 grados/día, segundo a fórmula bioclimática. Xa acadados en todas as estacións meteorolóxicas.

As outras condicións para a aplicación dos tratamentos é a existencia de dúas capturas de adultos/trampa x semana, comenzando a contar grados/día cando a temperatura crepuscular (temperatura do ocaso + 2 horas) sexa maior a 15’5 ºC durante dous días seguidos.

Táboa de capturas semanais

Zona

Estación monitoreo

Capturas semanais

02/06/2021

Capturas semanais

09/06/2021

Mariñas Coruñesas

Abegondo

10

3

Mariñas Coruñesas

Aranga

2

3

Mariñas Coruñesas

Bergondo

7

9

Mariñas Coruñesas

Sada

15

17

Barbanza

Boiro

4

2

Bergantiños

Laracha

0

1

Ordes

Ordes

1

0

Ortegal

Ortigueira*

11

3

Mariñas Luguesas

Ribadeo

0

0

Mariñas Luguesas

Foz

0

2

Mariñas Luguesas

Valadouro

13

--

Lugo Centro

Guntín

3

0

Lugo Sur

Chantada*

2

1

Lugo Sur

Sarria

2

0

Pontevedra

A Estrada*

2

1


* Estacións de monitoreo do Proxecto Maeloc (Grupo Hijos de Rivera)

Táboa de condicións para o ataque da 1ª xeneración de C. pomonella

Zona

Estación monitoreo

Data 400 grados/día

Data primeiras 2 capturas

Data Tª

crepuscular

Data ovicida

Data larvicida

Mariñas Coruñesas

Abegondo

12 - abril

05/05

11/06

 

 

Mariñas Coruñesas

Aranga

12 - abril

05/05

11/06

 

 

Mariñas Coruñesas

Bergondo

8 - abril

28/04

07/05

27/05

31/05

Mariñas Coruñesas

Sada

8 - abril

28/04

07/05

27/05

31/05

Barbanza

Boiro

31 - marzo

28/04

20/05

30/05

04/06

Bergantiños

Laracha

18 - abril

 

 

 

 

Ordes

Ordes

27 - abril

 

 

 

 

Ortegal

Ortigueira*

20 - abril

12/05

01/06

12/06

¿15-16/6?

Mariñas Luguesas

Ribadeo

20 - abril

 

 

 

 

Mariñas Luguesas

Foz

20 - abril

26/05

01/06

12/06

¿15-16/6?

Mariñas Luguesas

Valadouro

20 - abril

28/04

01/06

12/06

¿15-16/6?

Lugo Centro

Guntín

18 - maio

02/06

13/06

 

 

Lugo Sur

Chantada*

13 - maio

02/06

13/06

 

 

Lugo Sur

Sarria

13 - maio

26/05

28/05

08/06

11/06

Pontevedra

A Estrada*

7 - abril

19/05

10/06

¿15-16/6?

¿18-20/6?


Debemos destacar a importancia do clima no desenvolvemento das pragas.

Táboa: Histórico de condicións para tratamentos da 1ª xeración de C. pomonella (datas)

ANO

400 grados/día

1ª captura (2)

Tª Crepuscular

Ovicida

Larvicida

2012

9/5

17/5

24/5

2/6

6/6

2013

5/5

10/6

12/6

26/6

30/6

2014

11/4

24/4

5/5

17/5

30/5

2015

23/4

30/4

11/5

23/5

28/5

2016

4/5

20/5

25/5

4/6

8/6

2017

7/4

4/5

4/5

15/5

20/5

2018

13/5

17/5

19/5

31/5

6/6

2019

13/4

13/5

17/5

27/5

31/5

2020

7/4

29/4

1/5

11/5

16/5

2021

08/4

28/4

7/5

27/05

31/05


Debemos destacar a importancia do clima no desenvolvemento das pragas.

RECOMENDACIÓNS:

Maceiras de sidra e mesa

Nas estacións de monitoreo de Ortegal e Mariñas Luguesas, en función das temperaturas dos próximos días, teremos que dar un tratamento insecticida (ovicida-larvicida), nas datas aproximadas que se indican em vermello na táboa de condicións.

Así mesmo, na comarca de A Estrada, calculamos que teremos que dar o tratamento insecticida (ovicida-larvicida) nos días 18 a 20 de xuño.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL

Agricultura Ecolóxica
Larvicida (verme da mazá): Virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Produción Integrada
Larvicida (verme da mazá): Clorantraniliprol.

OBSERVACIÓNS
  • Estamos asistindo, ata o día de hoxe, a unha escasez de capturas en toda Galicia, agás nas estacións de monitoreo da Mariña Luguesa e Ortegal.
  • Estase a ver un adianto xeralizado no voo deste lepidóptero nos últimos anos. Estamos tendo capturas a fináis do mes de abril na maioría das zonas de Galicia.
  • Importante, atender á primeira xeneración deste insecto, por ser a máis perigosa das dúas que ten. Debemos de empregar contra ella produtos de carácter ovicida ou ovicida-larvicida.
  • A confusión sexual está a dar bo resultado, como método preventivo.
  • O nacemento das primeiras larvas comunicarase mediante o correspondente aviso fitosanitario.
GALERÍA DE IMAXES